PROXECTO LUGARES DA MIÑA TERRA

 Agora que temos listo o noso mapa de Galicia, chega o momento de situar nel lugares importantes dela. 

Aquí vos deixo información sobre catro lugares fermosos e importantes. Temos que organizala para crear con ela un audio que transformaremos nun código QR para o mapa.

Adiante!


ILLAS CÍES



As Illas Cíes son un conxunto de illas que se atopan na ría de Vigo, e pertencen ao concello desta cidade. Esta formado por tres illas grandes e varias máis pequenas.

Xunto coas Illas Ons, Cortegada e Sálvora, forman o Parque Natural das illas Atlánticas. Isto significa que é un lugar cunha flora e fauna moi especial, e por iso deben coidarse e protexerse. Por exemplo, nestas illas non se pode tirar lixo, nin sequera en contenedores. Tampouco podemos levar nada para casa do que atopemos alí.

Dentro da fauna das Cíes, destacan as aves mariñas como os azores, os falcóns e as pardelas. Tamén os animais mariños, como as tartarugas e os crustáceos. Son augas moi limpas e iso favorece a variedade de especies.


AS BURGAS DE OURENSE



As Burgas son uns manancias de auga termal que se localiza na cidade de Ourense. Existen tres manancias: a Burga de arriba, a de abaixo e a do medio; que se fixeron en diferentes momentos da historia.

A auga que sae destes manancias ten propiedades especias polos minerais que se atopan nela, e saen a unha temperatura de aproximadamente 65 graos centígrados.

Moitas lendas contaban historias máxicas que acontecían con estas augas tan especiais.


A MURALLA DE LUGO




É unha muralla romana que rodea o casco vello da cidade de Lugo, que era a antiga cidade romana chamada Lucus Augusti. Foi construída para protexer a cidade e hoxe en día é un dos monumentos históricos máis importantes de Galicia.

Ten unha lonxitude de 2266 metros. É a muralla romana mellor conservada do mundo, porque é a única que se conserva enteira, e por iso foi nomeada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.


A CATEDRAL DE SANTIAGO



A catedral de Santiago é un templo situado en Santiago de Compostela. Según a tradición, nela se atopa o sepulcro do Apóstol Santiago, e por iso se convertiu nun dos principais templos de peregrinación de Europa dende a Idade Media. Hoxe continúa a recibir cada ano máis de 300.000 peregrinos.

Ademáis, a catedral ten un gran valor artístico, con elementos moi destacados como o Pórtico da Gloria. 

Foi nomeada Patrimonio da Humanidade no ano 1985.

Comentarios