UNIDADE 2 NATURAIS

 



OS ÓSOS E OS MÚSCULOS: O MOVEMENTO

Imos revisar os elementos que permiten o movemento do corpo e, ao final, tedes actividades para aprender os nomes de todos eles.

Os ósos forman o esqueleto. Son moi duros e están unidos polas articulacións.
Estes son os ósos que coñecemos:

Podedes xogar coas vosas familias a atopar os seus ósos como fixéchedes cos vosos na clase. Ánimo doutores, imos na procura do esqueleto!

Outros elementos fundamentais do noso corpo son as EXTREMIDADES, que unen os ósos:

 E por último os MÚSCULOS, que permiten que os ósos e as extremidades se movan:


Tamén podedes buscar no voso corpo ou no de alguén da vosa familia os diferentes músculos e extremidades. A por eles!

Ademais podedes practicar coas seguintes actividades: 


RESPIRACIÓN E ALIMENTACIÓN

Todos os seres vivos necesitamos respirar e alimentarnos para poder vivir. 





Para respirar, collemos aire pola nariz ou pola boca. Ese aire baixa pola traquea ata os pulmóns, e ao saír, segue o camiño ao revés.



Para alimentarnos, os alimentos entran pola boca e baixan polo esófago ata o estómago, onde facemos a dixestión. 

AS ETAPAS DA VIDA

Os seres humanos cambiamos moito ao longo da nosa vida e pasamos por diferentes etapas nela. Imos ver o seguinte vídeo:




UNHA BOA SAÚDE!



Como vimos na clase, o contrario de ter boa saúde é estar enfermos. 

É moi importante coidar a nosa saúde, e para iso debemos facer cousas como:

1. Comer ben 
2. Durmir as horas necesarias
3. Ter unha boa hixiene
4. Facer deporte

Se vos ocorren máis cousas?



Comentarios